Entradas

GALIÑA AZUL

Imagen
  A nosa GALIÑA AZUL, segue a buscar a palabra máis fermosa da nosa lingua galega. As nenas e nenos estanlle a axudar introducindo naa súa cesta as que máis lle gustan a elas e eles. Logo, veremos cal é a máis votada.

OS BOLECHAS NOS INFORMAN

Imagen
  Estes pequenos personaxes anúnciannos a data das Letras Galegas.

MALETA

Imagen
Hoxe remata o mes de marzo e con el vaise a maleta chea de cómics dos que desfrutamos por tres semanas. Tiveron moi boa acollida e marcharán para outra escola que xa os está agardando.  

UN AUTOR DE BANDA DESEÑADA NA NOSA ESCOLA

Imagen
O pasado venres 24 de marzo visitou a nosa biblioteca o ilustrador e autor de banda deseñada FON BARREIRO, autor do megafamoso cómic Cósmico, o bombeiro galáctico . Alí impartiu ao alumnado de 2º de Primaria un obradoiro sobre o seu traballo. Ensinounos cousas tan interesantes como que co debuxo de dúas patacas podemos facer moitas caricaturas. despois, asinou os exemplares dos nenos e nenas. Moitas grazas pola visita, Fon! Aquí podedes ver un pequeno vídeo da estupenda xornada:

CONCURSO

Imagen
O concurso está a piques de rematar. Entrega a túa papeleta na biblioteca se non o fixeches xa. lembra que participarás nun sorteo de regalos.

17 de marzo: DÍA DO CÓMIC

Imagen
O pasado venres, día 17 de marzo celebramos o día do cómic. Como o proxecto da escola para este curso xira en torno a este tema, xa somos expertos e expertas no mundo da banda deseñada.