Polo Samaín, as nenas e nenos da escola de Infantil meteron os seus medos escritos e debuxados nun papel, nunha caixa "comemedos" deseñada con viñetas de cómic. Deste xeito, alí quedaron pechados ate sempre.
O Proxecto do noso colexio para este curso 2022-23 desenvólvese sobre a banda deseñada. Xa estamos a ler e informarnos sobre este popular xénero literario. Neste blog iremos informando sobre as actividades que se van realizando ao longo do curso. A desfrutar dos libros de novo!