Como todos os anos polo Nadal, o colexio convoca un concurso de postais entre todo o alumnado. Este ano, coa temática do Proxecto do centro: ler en banda deseñada. Aquí tedes unha mostra dos traballos presentados.
A árbore do Nadal do noso recibidor encheuse a semana pasada das novidades lectoras en banda deseñada. Xa están dispostas na nosa biblioteca para ser emprestadas ás usuarias e usuarios.