Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2023

MALETA

Imagen
Hoxe remata o mes de marzo e con el vaise a maleta chea de cómics dos que desfrutamos por tres semanas. Tiveron moi boa acollida e marcharán para outra escola que xa os está agardando.  

UN AUTOR DE BANDA DESEÑADA NA NOSA ESCOLA

Imagen
O pasado venres 24 de marzo visitou a nosa biblioteca o ilustrador e autor de banda deseñada FON BARREIRO, autor do megafamoso cómic Cósmico, o bombeiro galáctico . Alí impartiu ao alumnado de 2º de Primaria un obradoiro sobre o seu traballo. Ensinounos cousas tan interesantes como que co debuxo de dúas patacas podemos facer moitas caricaturas. despois, asinou os exemplares dos nenos e nenas. Moitas grazas pola visita, Fon! Aquí podedes ver un pequeno vídeo da estupenda xornada:

CONCURSO

Imagen
O concurso está a piques de rematar. Entrega a túa papeleta na biblioteca se non o fixeches xa. lembra que participarás nun sorteo de regalos.

17 de marzo: DÍA DO CÓMIC

Imagen
O pasado venres, día 17 de marzo celebramos o día do cómic. Como o proxecto da escola para este curso xira en torno a este tema, xa somos expertos e expertas no mundo da banda deseñada.

MALETAS VIAXEIRAS

Imagen
  Xa está na nosa biblioteca a maleta viaxeira coa temática de banda deseñada.  Contén un bo número de exemplares de cómics para todas as idades. Así que desde fai uns días as nosas nenas e nenos desfrutan de novas lecturas que percorren os colexios da nosa xeografía. Agora percorrerán as aulas da escola.  Son libros moi viaxeiros! 

8 de marzo: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Imagen
 Nenas e nenos de E. Infantil están a traballar na figura de MARY  ANNING, primeira paleontóloga recoñecida como tal, nacida o 21 de maio de 1799. Gran científica destacada polos seus descubrimentos pero que sempre atopou atrancos no seu labor por dedicarse a un campo no que as mulleres non podían entrar. Un cómic recolle a súa vida e o seu traballo.

CONCURSO DE PISTAS: MULLERES QUE FAN HISTORIA

Imagen
Como en anos anteriores, iniciamos na data de hoxe, 8 de marzo, o concurso de pistas para descubrir cal é o nome de certas mulleres que están no máis alto grazas á súa valía e esforzo, moitas veces nun mundo tradicionalmente copado polos homes. Este ano non é unha excepción. As mulleres seleccionadas polo equipo de Biblioteca destacan ou destacaron no campo da ilustración e a banda deseñada. Unha ilustradora consolidada (recentemente  falecida) e recordada por xeneracións anteriores, e outra actual e galega que está no cume do seu campo artístico. Podedes consultar as bases do concurso na nosa Biblioteca e facer como estas nenas  e nenos de 1º que están consultado a 1ª das pistas coa axuda da súa mestra.