CONCURSO DE PISTAS: MULLERES QUE FAN HISTORIA

Como en anos anteriores, iniciamos na data de hoxe, 8 de marzo, o concurso de pistas para descubrir cal é o nome de certas mulleres que están no máis alto grazas á súa valía e esforzo, moitas veces nun mundo tradicionalmente copado polos homes.

Este ano non é unha excepción. As mulleres seleccionadas polo equipo de Biblioteca destacan ou destacaron no campo da ilustración e a banda deseñada. Unha ilustradora consolidada (recentemente  falecida) e recordada por xeneracións anteriores, e outra actual e galega que está no cume do seu campo artístico.


Podedes consultar as bases do concurso na nosa Biblioteca e facer como estas nenas  e nenos de 1º que están consultado a 1ª das pistas coa axuda da súa mestra.


Comentarios

Entradas populares de este blog

UN AUTOR DE BANDA DESEÑADA NA NOSA ESCOLA