Entradas

MALETAS VIAXEIRAS

Imagen
  Xa está na nosa biblioteca a maleta viaxeira coa temática de banda deseñada.  Contén un bo número de exemplares de cómics para todas as idades. Así que desde fai uns días as nosas nenas e nenos desfrutan de novas lecturas que percorren os colexios da nosa xeografía. Agora percorrerán as aulas da escola.  Son libros moi viaxeiros! 

8 de marzo: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Imagen
 Nenas e nenos de E. Infantil están a traballar na figura de MARY  ANNING, primeira paleontóloga recoñecida como tal, nacida o 21 de maio de 1799. Gran científica destacada polos seus descubrimentos pero que sempre atopou atrancos no seu labor por dedicarse a un campo no que as mulleres non podían entrar. Un cómic recolle a súa vida e o seu traballo.

CONCURSO DE PISTAS: MULLERES QUE FAN HISTORIA

Imagen
Como en anos anteriores, iniciamos na data de hoxe, 8 de marzo, o concurso de pistas para descubrir cal é o nome de certas mulleres que están no máis alto grazas á súa valía e esforzo, moitas veces nun mundo tradicionalmente copado polos homes. Este ano non é unha excepción. As mulleres seleccionadas polo equipo de Biblioteca destacan ou destacaron no campo da ilustración e a banda deseñada. Unha ilustradora consolidada (recentemente  falecida) e recordada por xeneracións anteriores, e outra actual e galega que está no cume do seu campo artístico. Podedes consultar as bases do concurso na nosa Biblioteca e facer como estas nenas  e nenos de 1º que están consultado a 1ª das pistas coa axuda da súa mestra.

ENTROIDO DE CÓMIC!

Imagen
  Cun espectacular desfile polo barrio, o noso colexio celebrou o venres pasadp o seu  Entroido, adicado este curso á da banda deseñada, tema do noso proxecto documental. Disfraces de cómic clásico como Superman, Astérix, Os Pitufos... mesturáronse con outros máis cercanos no tempo como Narval ou os Bolechas. Festa rachada!

30 de xaneiro: DÍA INTERNACIONAL DA PAZ

Imagen
As nenas e nenos do colexio desexan boas cousas e sobre todo, moita PAZ no mundo con bocadillos ou globos que fan parecer a parede como un gran cómic .  

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

Imagen
Como todos os anos polo Nadal, o colexio convoca un concurso de postais entre todo o alumnado. Este ano, coa temática do Proxecto do centro: ler en banda deseñada. Aquí tedes unha mostra dos traballos presentados.

ÁRBORE DE NADAL

Imagen
  A árbore do Nadal do noso recibidor encheuse a semana pasada das novidades lectoras en banda deseñada. Xa están dispostas na nosa biblioteca para ser emprestadas ás usuarias e usuarios.